"SOMOS PARTE DUNHA COMUNIDADE GLOBAL QUE AXUDA A LIMPIAR OS NOSOS OCÉANOS"
Sentimos unha forte conexión co mar, así que non podía ser doutra forma entón que os nosos produtos sexan elaborados de forma consciente. Dende o ano pasado, todas as nosas pulseiras están sendo elaboradas con residuos plásticos revalorizados e, por suposto, recollidos do océano.
A vida preto da costa ten outros ritmos e por iso tomamos este novo rumbo: formar parte da SEAQUAL INITIATIVE e xerar un impacto positivo tanto pola súa vinculación cos mariñeiros; quenes axudan directamente a manter limpos os mares nos que traballan, como por todo o que implica fabricar co SEAQUAL YARN.
Segue facendo scroll, cremos que che gustará saber toda a historia.
INDUSTRIA PARTICIPATIVA |
COMUNICANDO | INSPIRANDO ÓS CONSUMIDORES |
As marcas con consciencia medioambiental e os fabricantes colaboramos con SEAQUAL INITIATIVE a:
|
SEAQUAL INITIATIVE é unha comunidade global cunha única voz. Traballamos xuntos para educar, informar e aumentar a consciencia sobre os problemas ós que están facendo fronte os nosos océanos e a economía azul. |
O poder da #CarrickCrew cando comprades é un dos máis poderosos para o cambio. Escollendo produtos sostibles que conteñan Upcycled Marine Plastic, axudades a limpiar os nosos océanos e a ser unha sociedade que se move arredor da economía circular. |
POR QUÉ SEAQUAL INITIATIVE?
COMUNIDADE | KM 0 | PECHAR Ó CÍRCULO |
É unha comunidade completa de colaboradores, non un producto. A súa misión é permitir a revalorización da basura mariña plástica. Deste modo, os residuos que se encontran nos océanos pasan a ser recollidos e transformados nun novo material; sempre a través dos seus colaboradores aprobados. E ademais non son unha manufactura. Todolos produtos feitos co SEAQUAL® YARN son aprobados baixo licencia. No noso caso concreto: SEAQUAL Textile Certificacion No.: SY050OT2000449 |
SEAQUAL INITIATIVE é unha comunidade global pero o seu centro de operacións encóntrase en Barcelona, é dicir, todolos beneficiarios das súas accións son economías locais dos alrededores. O plástico é recollido dos nosos mares e océanos, o plástico revalorizado tamén é xestionada en España e por último o noso cabo tamén está fabricado aquí. Seguimos minorizando deste modo as emisións nocivas e fomentamos a colaboración con pequenas empresas e iniciativas do noso entorno. |
A economía circular básase nun obxetivo principalmente: pechar os bucles. A través dela o que promove SEAQUAL INITIATIVE e tamén noso navío, é a revalorización dos residuos para poder fabricar novos materiais e novos produtos. Con todo isto, conseguimos que haxa un menor uso de materias vírxes e que poden provocar maiores residuos; ademais de encontrarlle un lugar a todo aquelo que existe. |