Esta tenda usa cookies para proporcionarte unha mellor experiencia web. Se continúas estás aceptándoas Ler máis

Coñécenos


Queremos un futuro real para os nosos océanos. Un futuro no que poidamos seguir coleccionando momentos.

Calma. Felicidade. Brisa. Longos días de verán.

Se cuidamos ó mar, seguirá ofrecéndonos todo isto e moito máis.

O noso rumbo vai da man da conciencia, a autenticidade, a proximidade e o lecer.

Todos os nosos valores únense para lograr que teñas sempre preto ó mar, porque as sensacións que nos produce non deberían abandonarnos nunca.







ATLANTIC SLOW FASHION

Para nós a moda é o lugar dende o que chegar ó noso compromiso co mar e o planeta. Así que, a opción tradicional non era a resposta.

En Carrick cremos na slow fashion.

Inspirados nos ciclos do mar, para nós a moda consciente é aquela que respeta os tempos á hora de producir, que non xera residuos innecesarios e que os seus materiais son eco-sostibles.





MADE-TO-ORDER, MADE-TO-STAY

Na industria textil actual prodúcese sen parar, sen escoitarte. En Carrick cremos na escoita activa. Na elaboración personalizada. En crear para ti. Para que dure no tempo.

A fabricación baixo demanda consegue que non se xeren residuos innecesarios e favorece a personalización completa. A prenda rexístrase no noso sistema e a personalizamos ó momento dende a nosa propia oficina cunha máquina de impresión dixital que utiliza tintas ó auga biodegradables. Opción consciente e duradeira.

Cando compras un produto personalizado, vólvese completamente teu. Non existe antes de clickar ó botón. É a partir de ti que comeza a súa viaxe.

Os nosos produtos van das nosas mans, ás dos nosos clientes. Bañadas pola historia detrás dunha data, dunhas coordenadas, unha frase… o que decidiras engadir para personalizalas.

Son únicas.



 


MELLOR COMPRA, MENOR IMPACTO

Canto mellor escollemos, menor é o impacto que exercemos no planeta e en consecuencia nos nosos mares.

Queremos axudar a que a elección das prendas sexa sinxela, que saibas que non te van a decepcionar.

Por isto, os materiais sostibles como o algodón 100% ecolóxico era un must na produccón das nosas prendas, ó igual que as tintas biodegradables no proceso de impresión.




POR UN MAR LIBRE,
UPCYCLED MARINE PLASTIC

En Carrick sempre apostamos por cuidar do mar. Foi en Novembro do 2020 cando esta aposta deu o seu gran paso e empezamos a fabricar con materiais upcycled, é dicir, residuos revalorizados.

As nosas pulseiras náuticas pasaron a ser realizadas con cabos elaborados con plástico recollido do mar. Conseguíamos así que as pulseiras ademais de non xerar residuos, foran parte do movimento activo para mellorar o noso planeta.

Formando parte da SEAQUAL INITIATIVE localizamos en Barcelona unha comunidade coa nosa mesma inquietude. Liberar ó mar de plástico e reducir a nosa pisada no planeta.


BAIXO DEMANDA = PROXIMIDADE

A produción das nosas prendas realizase nas mans de pequenas manufacturas en Portugal nas que confiamos plenamente para o acabado das mesmas.

A personalización a través da impresión dos deseños realizase directamente dende o noso local en Pontevedra, a túa prenda non existe ata que finalizas o teu pedido. A través da impresión dixital con tintas á auga biodegradables conseguimos un resultado duradeiro cos lavados e que non dañan ó entorno.



#AtlanticSlowFashion